A Raxada

by Alba Quintas Núñez

About this piece

A Esmorga (1959) is one of the most famous Galician novels by Eduardo Blanco Amor. In his piece, the author focuses on describing the night out of three Galician men who decide to go on a drinking spree (esmorga) through the city of Ourense. A Esmorga is a dark book about Ourense’s past, contrasting it with the personal and territorial decadence depicted in its chapters. Blanco Amor delves into the psychological backgrounds of his main characters and, at the same time, introduces some key secondary characters to the story, mostly women rejected by society. Although their role in the plot is fundamental, Blanco Amor does not develop these characters’ backstories enough. ‘A Raxada’ is a short piece that gives a voice to one of the female characters from A Esmorga. The few facts we learn about her in A Esmorga are that she is the wife of Cibrán, one of the main characters, and that they had a son together, Lisardiño, and that she used to be a sex worker in a pub called Monfortina. Here is my personal reimagination of this woman.

A Raxada

Aproveitaba o solpor do verán para coser buracos á boneca de trapo. Cabelos de palla e ollos de canto. Tres botóns vermellos pechaban o seu camisón furado. Para min era unha princesa, descalza enchía a ribeira coa súa pureza. O tempo corría lento, sen destino, e mentres, eu seguía xogando a posuír o libre albedrío. Volta á realidade, na casa tocaba traballar, pois cando chegaban da obra, os homes querían cear. Patacas e viño, castañas e carne, o pai engulía nun intre e subía á habitación. Mamá, resignada de forzas, acudía á chamada dun lobo feroz, papador de carapuchiñas vermellas. Daquela eu apagaba as velas e as mantas tendía. Entre os laios dos resortes e os soños de princesa as miñas noites transcorrían.

A escola resultoume sempre moi distante. Polas mañás víanse nenos copiando en lousas. Números e letras, nada de galego, todo castelán. “Castellanitos de Castilla”, dicíalles miña nai. A complexidade do seu pensamento nunca me chegou a interesar, eu quería un cabaleiro que me puidese salvar. Os dedos volvíanse xeo cando meu pai se esquecía de prender o lume. Tiña as mans ocupadas, causándolle á miña nai o máis profundo queixume. Nesas noites de pedra eu escondíame trala lareira, tapando forte os ouvidos ata confundir o inicio da paz co fin da guerra. Entre roldas no bar e visitas á Monfortina, o soldo da casa quedaba escaso. Lémbrome a fame como fiel compañeira. O meu bandullo enfurecía escoitando o ruido da vasoira. Limpaba de sol a sol a cambio dun sorriso sinistro e dunha ducia de ovos.

Oss veráns foron sucedidos por outonos e invernos ata chegares a primavera. Aquela na que a miña rosa abrollou por vez primeira, de seguro que o meu pai tamén o lembra. A madurez trouxo realidades adultas con ela. Deixei de procurar príncipes, agora atraía a verdugos da ética. Pasei de ser pobre a estar empregada. Ao principio de cada xornada, desabotoaba o camisón furado e colgábao na porta, xusto ao carón da miña alma engurrada. En cuestión de dúas semanas, a cidade deume un alcume e atribuíume outro tipo de fala. Agora era A Raxada. Os homes achegábanse con desexo, as mulleres corrían espantadas cando me vían. As nenas fitábanme , pouco ledas e moi caladas. A máis recente alugada na pousada feminina, na miña porta deixaban notas: “Gustame da Monfortina, a nova miñaxoia”. Acadei moitos nomes e unha gran sona. Porén, ninguén me preguntou “por que o fai esta moza?”

As rúas da Auria nunca semellaron tan estreitas. O meu corpo pecador asfixiaba as inquedanzas daquela nena pequena. Vendérame ó demo para ter o pan de cada día. Os domingos facía penitencia polas blasfemias acometidas. Implorando e rogando, o Señor tivo piedade, acabou por traer un bo home coa súa divindade. Cibrán non era o máis listo, alto nin forte. Mais foi o primeiro en mirarme ós ollos tra-lo noso encontro. Atopei así ó meu galán: humilde, traballador e de forte desexo carnal. El fíxome sedentaria de corpo e feliz de alma. A nai de Lisardiño, o meu corazón desfrutaba. O neno dos meus ollos, deume a forza que precisaba. Xureime que o meu fillo viviría coma Deus manda. Entre o borrón e a conta nova, fai pouco atopei o meu antigo baúl. Chea de pó estaba a boneca de trapo. Unha mestura entre a bágoa e o sorriso sulcou o meu rostro. De súpeto, os meus desexos cativos invadíronme a cabeza. Aquela princesa protagonista seguía a ser imaxinaria. A realidade era ben distinta, pero moito máis traballada. Con estes pensamentos estaba hoxe, cando Cibrán marchou traballar. Faise tarde e aínda non volveu. A Esmorga haino de condenar. Se cadra cando volva, a miña vida remátolle por contar.


Alba Quintas Núñez is a second-year student at Yale University, studying Computer Science and Political Science. As an international student from Galicia (Spanish region), she aims to share her culture with her college community by producing Galician plays, taking part in creating Galician tables, and writing about her literary heritage.